19 mai, 2016

A III Andaina polos montes de Vigo circula polos sendeiros de Zamáns e de Bembrive-Beade

Este 15 de maio de 2016 preto de 1000 persoas percorreron os distintos sendeiros locais propostos na III Andaina polos montes de Vigo (máis info aqui)

Dende primeira hora da mañá, os grupos de camiñantes saíron do Parque Forestal de Aguieira con destino a Beade. Alí uníuse un pouco despois o segundo grupo para circular polo sendeiro local de Bembrive-Beade. Simultáneamente, o terceiro grupo realizaba o trazado do sendeiro local de Zamáns. 


Ao final logrouse que os montes estiveran tomados por vigueses e viguesas que querían experimentar a riqueza natural, patrimonial e paisaxística dos montes de Vigo. 





2 mai, 2016

Primeira andaina polo Sendeiro Local de Coruxo

Cun día máis de primavera que de outono, realizouse o percorrido inaugural do Sendeiro Local de Coruxo. As sensacións foron auténticas para todos os sentidos. Destacar que se poideron comtemplar todas as dimensións que propón o sendeiro: paisaxísticas, medioambientais, patrimoniais e recreativas. 
Na reportaxe fotográfica (ver enlace) recóllense algúns dos momentos destacados, entre os que sen dúbida estiveron as vistas dende os Montes de Maúxo. Algunhas mostras:




1 mai, 2016

Percorrido de peche da tempada outono 2015 no S.L. Bembrive-Beade

A pesares de principiar o día con choiva e frío, foi mellorando a medida que avanzou a mañá e permitiu disfroitar dun percorrido intenso polos montes de Beade e de Bembrive. Sen dúbida, a inmersión no monte coa diversidade de bosques (piñeirais, soutos de castiñeiros, carballeras e bosques de ribeira) e de plantacións (cerdeiras, abeto Douglas, etc) fixo as delicias dos participantes. Tamén foi de agradecer as vista dende a Fonte dos Friales ou o paso pola Aldea da Fraga
Algunhas mostras do citado atópase no album de fotos (premer aqui), no apartado Safari e na seguinte escolma. Con elas despedimos os percorridos desta tempada de outono 2015.




Primeira andaina polo Sendeiro Local de Zamáns

O pasado domingo 25 de outubro de 2015 realizouse un expléndido percorrido polo Sendeiro Local de Zamáns, cunha luz e cunha temperatura ideal que permitiron disfroitar das particularidades do sendeiro trazado polo voluntariado de Camiño a Camiño en colaboración coa Comunidade de Montes de Zamáns. Algúns dos momentos están recollidos na reportaxe fotográfica (premer aqui). Como mostra:




9 mar, 2015

Primeiro percorrido de 2015 polo Sendeiro de Matamá-Comesaña

O primeiro percorrido polos Sendeiros Locais de Vigo tivo lugar por Matamá-Comesaña. Cun día moi agradable, tívose ocasión de contemplar os múltiples escenarios que presenta o sendeiro, así coma as do contorno. 
Algunhas instantáneas dos principais momentos atópanse no amplo album de fotos, do que se recollen de seguido algunhas.









6 mar, 2015

Percorridos polos sendeiros locais de Vigo en marzo de 2015

A programación de Camiño a Camiño (ver programación) ten previsto para o mes de marzo de 2015 o percorrido polos tres sendeiros locais de Vigo.
O 8 de marzo escoménzase co Sendeiro Local de Matamá-Comesaña, para continuar o 15 de marzo co de Saiáns e o 22 de marzo co de Candeán. Como é habitual hai que inscribirse no 010 entre o luns e o mércores da mesma semana do percorrido, para logo poder recoller os tickes na Praza do Rei o mesmo domingo as 9:00.


22 nov, 2014

Camiño a Camiño pecha a tempada no Sendeiro Local de Candeán

Este domingo 23 de novembro terá lugar o último percorrido de Camiño a Camiño coa realización do Sendeiro Local de Candeán.



O trazado deste sendeiro está realizado coa colaboración da Comunidade de Montes de Candeán, empregando como base o Roteiro das Mámoas, e incorporando novos contidos tanto medioambientais como panorámicos e históricos.

Sendeiro Local de Candeán


16 nov, 2014

Segunda andaina polo Sendeiro Local de Matamá-Comesaña

O percorrido realizado polos camiñantes de Camiño a Camiño empezou cun tempo que albergaba esperanzas e permitiu ver de preto algúns dos contidos previstos (premer para ver contidos) nos montes de Matamá: muiño da Regueira, petroglifo das Millaradas, fraga de Alvorezas e Parque forestal de Maruxento. A partir deste momento a climatoloxía mudou ata facerse case impracticable e impedindo achegarse aos lugares programados nos montes de Comesaña.
Algunhas das instantáneas da actividade pódense ver de seguido (ver album completo en fotos de Camiño a Camiño):






15 nov, 2014

Camiño a Camiño prosegue as súas andainas por Matamá-Comesaña

Este domingo 16 de novembro, o programa de Educación medioambiental "Camiño a CAmiño" da Concellería de Medio Ambiente prosegue as súas andainas percorrendo o recén creado Sendeiro Local de Matamá-Comesaña. 



O percorrido deste novo sendeiro está trazado conxuntamente con Montes de Vigo e as Comunidades de Montes de Matamá e de Comesaña. O resultado é un sendeiro que permite introducirse no profundo destas dúas parroquias, chegando a boa parte dos lugares máis singulares das mesmas e mesmo descubrir auténticas xoias medioambientais, así como retazos da historia esquecida delas. Nos paneis informativos colocados no traxecto resúmese toda esta riqueza medioambiental, patrimonial e histórica en cada unha das parroquias.


Sendeiro local - Tramo de Matamá

Sendeiro local - Tramo de Comesaña

9 nov, 2014

Primeira andaina polo Sendeiro Local de Saiáns



Cun día expléndido, tivo lugar a primeira andaina polo recen marcado Sendeiro Local de Saiáns por parte dos participantes en Camiño a Camiño.

No momento de inicio estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, e o Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo (Montes Vigo), Uxío González.

O percorrido permitiu comprobar os diversos contidos propostos (premer eiqui) e disfroitar dunhas sensacións moi agradables tanto no monte como observando as panorámicas (ver album de fotos de Camiño a Camiño premendo eiqui). Algunhas instantáneas representativas son: